A I Rolda de Rebeldía: As Ideas e A Palabra foi a expresión real dun proceso, dunha práctica de diálogo, dun encontro, dunha reflexión e dun debate cumprido e fructífero que, alén dunhas ou outras conclusións, mostrou unha outra maneira de abordar temas profundos baixo o compromiso consciente da fraternidade, de facer as cousas desde abaixo.



X. M. Beiras-. Había ben tempo que non me sentía tan reconfortado no meu labor político: "Déchedesme a primeira grande alegría destes últimos dez anos" -foi o que lles dixen, o meu xeito de lles transmitir a miña ledicia polo que viña de acontecer ao longo de aquela intensa xornada de diálogo e debate sen cancelas.
Manuel M. Barreiro-. Hoxe na sección de opinión de El Correo Gallego hai dúas pezas dignas de ser conservadas. Por razóns bens diferentes. Unha (
David Rodríguez-. Pasados dous anos desde a Asemblea de Movementos Sociais de xaneiro de 2008, aquel mesmo espírito de fraternidade tan caro á tradición republicana volvía inspirar a outra comisión plural e de funcionamento autónomo ―esta encargada de organizar a Rolda de Rebeldía― impulsada polo Encontro Irmandiño cunha ausencia de sectarismo digna de louvanza.




